jujel
Esta web apoia á iniciativa dun<br/

sexta-feira, 30 de julho de 2010

Castro do minho, historia dunha loita


Nos ultimos anos o noso Pais esta a vivir momentos de loita, reveldia non e raro abrir o xornl ou prender a television i escoitar que se estan a levar acabo sabotaxes contra a construzon desmesurada nas nosas costas ou contra centrais electricas que venden o noso pais ao extranxeiro. Pois ben, se botamos a vista un chisco atras, e imaxinamos que estamos alo por mediados do ano 65 veriamos reflectida unha situazon moi similar. Daquela onde hoxe hai unha presa habia un fermoso Val, o cal era tamen moi productivo, este val chamase "castrelo do Minho" Compre dicir que nestes anos estavase a dar un forte desenvovemento sobretodo en Espana o cual motivou a construzon de numerosos encoros:Belesar, Peares, Velle, Castrelo e Frieira no Miño, San Estebo, Montefurado ou San Martiño no Sil todos ao servizo de Fenosa enviavan a Espanha o 70% da sua produzon. Se ben antes non houbo grandes atrancos pra construzon destes que foi o que pasou en Castrelo do Minho? Castrelo do Minho non era so un fermoso paraxe, ou un lar moi productivo, era moito mais. A construzon dun encoro nesa localizazon conderia a emigrazon a unhas 8.000 persoas, por outro lado as indemnizazon que a empresa tinha pensadas non eran as mais xustas, co que algo tinha que acontecer. A revelion cheiravase, algo tinha que pasar, e asi foi, como non foron as mulleres as que levaron o peso do primeiro paso, un dia co "foucinho" en alto dirixironse cara a "Gorxa", -o lugar onde estabas a facelas obras- apesar de non chegaren ao seu obxetivo, xa que a Garda Civil detivoas antes de que chegaran demostraron unha gran valentia e deron un moi importante paso nese dia, nese dia que foi chamado "A revelion dos foucinhos"
A xente estaba realmente organizada pra facerfronte os construtores, loxicamene daquela non existian os teleefonos celulares ou internete, pero prase avisar dun pobo ao outro da chegada das maquinas tiraban coetes de feira, e asi sucesivamente dun pobo ao outro. Foron moitas as veces que a xente tivo que facer fronte a Guardia Civil ali non habia soamente homes, habi tamen mulleres, nenos, nenas xente en defitivaciquismo que dicia NON! ao caciquismo e ao capitalismo, xente disposta a enfrentarse contra a forza da opreson pra defendelo seu. Finalmente constriuse o encoro, nembargantes aquela revoluzon foi a primeira gran mostra de resistencia ao Franquismo dende o 36 na Galiza, foi unha mostra deque este pobo xa sufriu davondo, o pobo mostrou estar farto de caciquismo e de miseria e de fame.Non eran anos xinxelos, a emigrazon estaba a sangrar na nosa xente, o estado roubaba todo-los nosos recursos e unha dura crise mundial facia que as cousas fosen se cadra mais dificiles. Ainda asi o pobo veu de ficar unido e facer fronte ao inimigo, o pobo erguese e fixo fronte a un gran e poderoso inimigo que ao final ganhoulle ao pobo a batalla, pero non a guerra.
Hoxe o noso pois ten problemas moi similares, e tamen estamos inmersos nuha grave crise, se cadra agora coma antes e a hora de ficar xuntos e dicirlles non aos caciques e aos capitalistas, se cadra agora -de novo- e a hora de ficar xuntos pra lle facer fronte ao inimigo, se cadra o noso pobo xa sufriu davondo e chegou o momento de espertar dese sofrimento.
Naqueles dias o gran Suso vaamonde deixounos as suas verbas en defensa do val, eu quro rematar o recordo a historia desta loita coas suas verbas.

Hasta que chegou o día
nunha mañá moi fermosa
en que chegou a Castrelo
o Conde señor Fenosa.

Ademiraba aquel conde
non as ringleiras do viño
senón o embalse futuro
do meu Castrelo do Miño.

Cando en Castrelo se soupo
das intencións daquel conde
o pobo en hirmandade
ante a infamia responde.

Estas verbas di Fenosa
"si les jodo que mas da
a mi lo que me interesa
es la electricidad".

"Que el embalse se construya"
dixo Paco entusiasmado
e alí mandou os ceviles
pra impoñer seu mandado.

Pedradas mandou o pobo
que lles foron a perilla
pros que enchen de auga Castrelo
e dan a lus a Castilla.

Fíxose logo o mandado
pagaron a patacón
a vila nun pedregallo
a xente na emigración.

Hoxe volven as andadas
mais encoros van facer
probiños dos nosos rios
e de nos que vai a ser.

Esta foi a triste historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

Sem comentários:

Enviar um comentário