jujel
Esta web apoia á iniciativa dun<br/

sexta-feira, 4 de fevereiro de 2011

O arrecendo do teu sospiro



Hoxe sonhei co teu sospiro
que enchia a miha i'alma
sonhei sentirme vivo
deitado na cama
Hoxe sonhei ca estaba esperto
e que xa non mais sonhaba
sonhaba, mais so dos teus ollos me lembro
e o demais ficou nas sabas
Sonhei tamen que non durmia
e que na casa so non estaba
sonhei que tinha a luz prendida
e que me alumiaba a cara
Sonhei tamen que arrecendia
como se inda non marcharas
sonhei tamen que me resistia
mais non contiven as bagoas
Hoxe espertei deste sono
do que agora vos falaba
espertei hoxe e fixeno soio
soio na minha cama
Fico esperto mais sito o sospiro
coma tamen fico en que non sonhaba
fico esperto fico pensativo
fico antre as mesmas sabas
Espertei hoxe mais non entendo
que os teus ollos se fecharan
que alu prendida n teito
fora a que me espertara
que me espertara nun novo dia
pra alumiarme na cara
pra espertarme facelo asinha
pra espertar antre as mesmas sabas

sexta-feira, 30 de julho de 2010

Castro do minho, historia dunha loita


Nos ultimos anos o noso Pais esta a vivir momentos de loita, reveldia non e raro abrir o xornl ou prender a television i escoitar que se estan a levar acabo sabotaxes contra a construzon desmesurada nas nosas costas ou contra centrais electricas que venden o noso pais ao extranxeiro. Pois ben, se botamos a vista un chisco atras, e imaxinamos que estamos alo por mediados do ano 65 veriamos reflectida unha situazon moi similar. Daquela onde hoxe hai unha presa habia un fermoso Val, o cal era tamen moi productivo, este val chamase "castrelo do Minho" Compre dicir que nestes anos estavase a dar un forte desenvovemento sobretodo en Espana o cual motivou a construzon de numerosos encoros:Belesar, Peares, Velle, Castrelo e Frieira no Miño, San Estebo, Montefurado ou San Martiño no Sil todos ao servizo de Fenosa enviavan a Espanha o 70% da sua produzon. Se ben antes non houbo grandes atrancos pra construzon destes que foi o que pasou en Castrelo do Minho? Castrelo do Minho non era so un fermoso paraxe, ou un lar moi productivo, era moito mais. A construzon dun encoro nesa localizazon conderia a emigrazon a unhas 8.000 persoas, por outro lado as indemnizazon que a empresa tinha pensadas non eran as mais xustas, co que algo tinha que acontecer. A revelion cheiravase, algo tinha que pasar, e asi foi, como non foron as mulleres as que levaron o peso do primeiro paso, un dia co "foucinho" en alto dirixironse cara a "Gorxa", -o lugar onde estabas a facelas obras- apesar de non chegaren ao seu obxetivo, xa que a Garda Civil detivoas antes de que chegaran demostraron unha gran valentia e deron un moi importante paso nese dia, nese dia que foi chamado "A revelion dos foucinhos"
A xente estaba realmente organizada pra facerfronte os construtores, loxicamene daquela non existian os teleefonos celulares ou internete, pero prase avisar dun pobo ao outro da chegada das maquinas tiraban coetes de feira, e asi sucesivamente dun pobo ao outro. Foron moitas as veces que a xente tivo que facer fronte a Guardia Civil ali non habia soamente homes, habi tamen mulleres, nenos, nenas xente en defitivaciquismo que dicia NON! ao caciquismo e ao capitalismo, xente disposta a enfrentarse contra a forza da opreson pra defendelo seu. Finalmente constriuse o encoro, nembargantes aquela revoluzon foi a primeira gran mostra de resistencia ao Franquismo dende o 36 na Galiza, foi unha mostra deque este pobo xa sufriu davondo, o pobo mostrou estar farto de caciquismo e de miseria e de fame.Non eran anos xinxelos, a emigrazon estaba a sangrar na nosa xente, o estado roubaba todo-los nosos recursos e unha dura crise mundial facia que as cousas fosen se cadra mais dificiles. Ainda asi o pobo veu de ficar unido e facer fronte ao inimigo, o pobo erguese e fixo fronte a un gran e poderoso inimigo que ao final ganhoulle ao pobo a batalla, pero non a guerra.
Hoxe o noso pois ten problemas moi similares, e tamen estamos inmersos nuha grave crise, se cadra agora coma antes e a hora de ficar xuntos e dicirlles non aos caciques e aos capitalistas, se cadra agora -de novo- e a hora de ficar xuntos pra lle facer fronte ao inimigo, se cadra o noso pobo xa sufriu davondo e chegou o momento de espertar dese sofrimento.
Naqueles dias o gran Suso vaamonde deixounos as suas verbas en defensa do val, eu quro rematar o recordo a historia desta loita coas suas verbas.

Hasta que chegou o día
nunha mañá moi fermosa
en que chegou a Castrelo
o Conde señor Fenosa.

Ademiraba aquel conde
non as ringleiras do viño
senón o embalse futuro
do meu Castrelo do Miño.

Cando en Castrelo se soupo
das intencións daquel conde
o pobo en hirmandade
ante a infamia responde.

Estas verbas di Fenosa
"si les jodo que mas da
a mi lo que me interesa
es la electricidad".

"Que el embalse se construya"
dixo Paco entusiasmado
e alí mandou os ceviles
pra impoñer seu mandado.

Pedradas mandou o pobo
que lles foron a perilla
pros que enchen de auga Castrelo
e dan a lus a Castilla.

Fíxose logo o mandado
pagaron a patacón
a vila nun pedregallo
a xente na emigración.

Hoxe volven as andadas
mais encoros van facer
probiños dos nosos rios
e de nos que vai a ser.

Esta foi a triste historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

quinta-feira, 22 de abril de 2010

O prularismo linguistico de "Galicia bilingue"

Ha uns dias, achei um artigo nun jornal espanhol no que se dizia que um edil "socialista" retiraria as ajudas ou subvenções aos nen@s com nomes Galegos, Catalão, ou Bascos. ( http://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2010/04/10/faundez-pide-ayuntamiento-deniegue-ayudas-ninos-nombres-vascos-gallegos-catalanes/427693.html ) Sentin curiosidade e mandei um mail a asociacion "probilinguista" "Galicia Bilingue" mais a resposta foi sorprendente, pegobola embaijo (EU)> Moi boas de novo. > Venho de atopar nun xornal de Zamora unha nova que se podeira entender > coma "racismo pro-espanholista, de xeito resumido a nova di que por > proposta dun edil socialista se lles deverian de retirar as subvencios aos > nenos con nomes Galegos, Vascos ou Catalans Xa que non contribuen ao > "Castelanismo". > Este e un exemplo mais do nacionalismo Espanhol d do seu racismo co que e > diferente, supponho que este tipo de novas ende xamais apareceran na sua > web, pero eu fagollo saber. (Resposta) DESCANSA XACOBE QUE CHE VAI ARDER A CACHOLA. UNHA APERTA. Esta e a postura dumha organização que di defender o entendemento e o respeto dos dereitos das duas comunidades de falantes. Esta e umha mais das provas que que @s unic@s que somos victimas do racismo linguistico somos @s que empregamos as verbas de Rosalia, este e o tipo de provas que os espanhois jamais veran nos grandes jornais ou canles de televisão. A minha proposta e lembrarlles aos bilingues que seguimos eiqui e non daremos un so paso atras na defensa da nosa lingua facedello saber Info@galiciabilingue.es Grazas e umha aperta

sexta-feira, 5 de fevereiro de 2010

Onde esta aminha libertade de expresion?


Levamos moitos anos oindo falar da democracia, e de que gracias a ela temos libertade de expresion, unha libertade de expresion que antes non tinhamos pero que agora si temos por que no 78 fixose un referendo no que se deixou escoller a xente libremente a pola democracia. Levamos moitos anos escoitando que a democracia resistiu a transicion e un golpe de estado e que tras estes 32 anos somo cada vez mais libres. Senembargo non todos os cidadans do estado son libres por igual ou tenhen os mesmos dereiros ou son iguais ante a lei. Agora estase a falar moito da imposicion linguistica tanto na Galiza coma em Catalunha, dise que que en ambalas duas dende diferentes sectores estase a imponher a lingua propia que que os castelanfalantes tenhen menos dereitos, e que dia a dia vense mais sos, dise que os que falan castelan son atacados e que ven os seu dereitos cada vez mais minguados e que ninguen fai nada ao repeito, senembargo, o que non se di e que calquer persoa que tenha nacido no estado ten a obriga e o dever de conhecer o Castelan e saber falalo, non se di que calquer cidadan que se negue a isto estara a incumplir a lei polo tanto estara a facer algo ilegal, entendo que o que a constitucion da libertade di con isto e que calquer Espanhol e libre pra falar o Galego, o Catalan ou o Euskera, mais soamente ten a obriga de conhecer o Espanhol. Ainda asi aparecen da nada Asociacion sem memoria que din defender as duas comuniddes e falantes e din loitar por un bilinguismo real, rechazan os fanatismos e din ser democraticos, por que claro cando Fraga gobernaba na Galiza os Galego falantes "podian escolarizar aos seu fillos em galego" non existia imposicion do castelan e non habia maiores problemas. Estas asociacion enchen as suas webs con novas nas que denuncian ataqies aos castelan falantes mais xamais se sabe dos ataques aos galegoflantes, estas asociacions son capaces de convocar unha manifestacion con unha chea de xente de fora da Galiza pra nos vir dicir a nos a lingua que temos que falar, entre os asistentes a manifestacion podianse atopar amazons da libretade como xente de "falange espanola".Temos tanta libertade con esta democracia, que cando sae un decreto co que ninguen esta contento e apesar de facer unha masiva xuntanza nuha praza, o presidente di que seguira adiante co depreto a pesar do que a xente se reunira pra facer saber que esta en contra. Outro punto interesante e o da queima da foto do rei, o cal esta penado con carcere, calquer persoa que queime unha foto do rei de Espanha sera sancionado e posiblemente levado preso xa que esta a cometer inxurias contra a coroa, unha coroa a que xamais se lle xurou lealtade. Esta persoa non ten dereito a mostrar a sua repulsa a Monarquia Espanhola qu por outro lado e unha herdanza do Franquismo, algo que xamais se someteu a referendo nin consulta popular, algo que o pobo non ten dereito a decidir algo que esta imposto. Ante estascircunstancias e tras 32 anos de vivir en libertade fago unha pregunta Onde esta a minha Libertade de expresion?

segunda-feira, 6 de julho de 2009

Co pais em chamas

Xa lle venho dando voltas dende hai alguns meses, mais o nosso pais esta a pasar por umha situazon da que non recordo igual em moitos anos. Temos a un tempo os catro recunchos do pais postos patas arriba, por un lado saen asociazons que din falar nome da democracia e da iguldade, que ponhen em riba da mesa propostas degaxicas coas que ganhan o favor de parte das ouvellas da opinion publica e do politicamente correcto, mais pra calque con dous ollos de frente e que non tenha apoiado nengunha dictadura pasado e moito claro as intencions reais desta xente pro-espanholista. Mais desta volta as azons tiveron resposta popular, profesores e alunnos anunciaron folgas e paron nas clases en contra da proposta deste colectivo, 40000 persoas contestaron em compostela a Gloria lago e dixeron que queren vivir em galego a resposta foi tan grande que a quintana chegouse a encher duas veces... Por outro lado, tamen se deron ameazas em forma de pintadas contra a presidenta do colectivo espanholista, estas tiveron lugar numha das paredes da sua casa.Por outro lado, e dende ha xa algums anos o sector do metal esta a sufrir moito no nosso pais, e ven de protagonizar numerosisimas folgas pra reclaren o minimo que se pode reclamar os dereitos como traballadores, desta volta coma no pasado deronse enfrontamentos cos mercenarios da policia que non dubidaron em empregarse a fondo pra evitar que os traballadores seguiran adiante, na prensa falarase de disturvios, perdas, e toda esa carallada, mais por algumha razon endexamais mencionan canto gastou o estado espanhol em manter a todos os mercenarios desprazados ate vigo nese 20 dias de folga, e non estou a falar so dos soldos se non tamen dos hoteis comidas e demais xa que a meirande parte destes mercenarios vinha de fora do nosso pais. A situazon desta volta realmete tensa, ate o punto que em so umha semana deronse o mesmo tempo a colocazon e tres artefactos explosivos, sabotaxem dun concesionario de coches e o ataque contra a casa dun empresario do metal.No agro, a cousa non pinta mellor, os nossos gandeiros seguen a mostrar o seu enfado por umha insuficiente e insutante remuneracion no precio do leite, que levou e levara a moitos a ruina. Os gandeiros, tamen levaron a cabo azons de todo tipo, dende regalar o leite nas prazas publicas asando por atacar supermercados e cisgar o leite polo chan ate parar os camions do leite e tirar o leite fora.O utro grupo que se mobilizou, foron os traballardores de caramelo que anunciaron folgas.Despois de todo isto, o que podo ver e o seguinte arestora temos em revolta e ate em pe de guerra o metal, o agro, o comercio e ate o ensino; en calquera destes campos deronse xa situaion tensas ate chegar a resposta violenta, e encalquera destes campos podese ver a eerna loita, a do obreiro contra o amo. Por primeira vez em moito tempo, os galegos comezamos a maosar os dentes e a dicir basta algo semella estar a mudar na nosa sociedade, sera o comezo dumha revolucion social?

quarta-feira, 15 de abril de 2009

Rir por non chorar


Em dias coma hoje, nos que vemos coma "os amzons da livertade" exercen a sua democracia, non poido evitar lembrarme de cando era rapaz, eu no e que seja moi velho, nacin no 82, mais ainda asi todos os que sodes desta xerazon, e sodes galego-falantes sentiredes moi preto nas vossas lembranzas sobretodo nestes dias como era a situazon naqueles dias, o que era umha fortisima diglosia feita ate por jente do nosso propio pobo. Esta e a razon pola que en dias coma hoje, volvo a vista atras e torno rir e digo rir por non chorar... quen de vos non escoitou esa famosa frase de hay galleguinho, hablas galleguinho? y no vendras de la aldea verdad? ou que hai desa mitica nos comercios de hay mira si me hablas en gallego no te entiendo eh... enton pasas a meirande parte da tua infancia relegando a tua lingua nai o ambito familiar ou se cadra pra te comunicar coa jente maior por que claro, el gallego es para hablar a las vacas y a los viejos... e non o vas empregar na rua por que no mola... despois vas medrando, empezas a ter as tuas ideas e un dia, atopaste que um fato de jente di, hay no derecho a elegir, somos democraticos no nos impongais nada! e tenho que tornar a rir... por que penso; manda caralho! camado me preguntaron a min si preferia estudar em galego, cando tiven eu a oportunidade de decidir estudar na minha lingua?, e isto sem irnos os primeiros anos, inclusive non fai tanto tempo que tipo de cousas se estudavan em galego?
A verdade rir por non chorar acho que esta jente, perdeu a memoria ja que non se lembran de todo isto... e mais exixen igualdade umha iguladade que pregunto eu, con respeiot a que, xa que a lingua que eles denfenden e a mais protexida e os seus falantes os que tenhen mais dereitos, ademais contan coa maior parte dos xornais na sua lingua asi coma tamen as canles de television, poden tamen facer contratos e entrevistas de traballo na sua lingua cousa que nos temos negada, ainda asi, seguen a dicir que os seus dereitos son atacados e din no ser "libres" pra elixir.
Por todo isto vexo ao nosso pobo coma extranxeiro na sua propia terra, na que a sua lingua e atacada e posta em segundo plantel, na que non se entende que o ensino sexa nesta lingua, na que aos galegos se nos quer facer esquencer que somos um pobo diferenciado, que somos diferentes dos espanhois e pra facelo atacan o que como dixo castealo fanos seguir sendo galegos, o que nos fai diferentes, - se ainda somos galeg@s e por obra e gracia da lingua- mais ainda asi seguen a dicir que son eles os que non poden elixir... en fin como xa dixen rir por non chorar

sexta-feira, 10 de abril de 2009

O nosso espertar

Cando vai ser o dia que espertaremos, alguns dos que forman parte do nosso pobo, semelhan estar nas verzas, prefiren ir picar a merda cando nos estan a botar milho? por que seguesmos a "dumir nessa longa noite de pedra"? por canto tempo imos permitir que "a galiza sexa extranxeira" non vos esquezades nunca de cal e a nossa fala natural! que non vos laven a cachola con merda propagandistica se supostos bilinguismos e igualdade.. lembrade cal foi a unica lingua imposta ja por 5 seculos... lembrade o cal o pasado do pp... lembrade que o seu presidente fundador era ministro de franco e firmou sentenzas de morte... lembra que o seu presidente honorifico era filho de falanxistas e ficou coma membro das juventudes da falaxe, lembrade e espertade espertade numha galiza que esta a ser governada polo novo franquismo espertade agora e quizais non sera demasiado tarde pra dicir "esperta do teu sono fogar de breogan"